REFLEXIÓN FEITAS HOXE PARA MIRAR AO MAÑÁ
“Nunha fase social na que pensar nun mesmo converteuse na norma, o virus envíanos unha mensaxe clara: a única forma de saír desta é a reciprocidade, o sentido de pertenza, a comunidade”, escribía a psicóloga italiana Francesca Morelli a principios de marzo de 2020. O coroavirus impactara no primeiro país europeo. Cando en España aínda non se decretara o estado de alarma, media Italia xa estaba en confinamento e toda a engrenaxe turística do país pechado ao público. Morelli advertía a dimensión global do problema e reparaba nas aprendizaxes sociais que podemos sacar del. O seu texto sobre o coroavirus fíxose, ironicamente, viral.
Morelli graduouse en Psicoloxía Clínica e Comunitaria na Universidade A Sapienza e doutorouse en Neuropsicoendocrinoloxía pola Universidade Tor Vergata, en Roma. Apaixonada da investigación e da formación didáctica, hoxe está envorcada na psicoterapia.
Ante o momento social que vivimos, a psicóloga lanza unha mensaxe construtiva: “podemos redescubrir o tempo, a importancia dos vínculos, dos valores, volver a aquilo que para nós é realmente significativo, redefinir o concepto da vida”.
0 comentarios