XESTO AMBIENTAL DO MES DE ABRIL
No traballo, valla a redundancia, hai moito traballo por facer en canto a deixar de utilizar plásticos desbotables. En primeiro lugar, os cubertos de usar e tirar e os pequenos palitos para remover o café que adoita haber dispoñibles en moitas oficinas son moi difíciles de reciclar, como falamos en febreiro, tras aprender o código plasticariano. Podes evitalos traendo os teus propios cubertos de aluminio, culler para o café incluída.
Segundo o diario británico The Guardian, no mundo comprábanse, en 2017, 1.440 millóns de botellas de plástico ao día. Evitar ser un deses compradores de botellas é tan sinxelo como ter unha botella reutilizable (hainas de cristal, de aluminio…) no traballo que poidas encher dunha fonte ou billa. Para levar alimentos ou tuppers envoltos, pódese recorrer a teas enceradas reutilizables e, se bebes café e a máquina só ofrece vasos de plástico, podes traer o teu termo de casa ou comprobar se a máquina ten a opción “sen vaso”. Nese caso, o que hai que traer de casa é unha cunca.
Pono en práctica!
FONTE: P. Cantó e L. Bou/Verne/elpaís.com
0 comentarios