Blogia
vgomez

EXPO-ANIMALIA

EXPO-ANIMALIA

Hoxe, luns, ás 20.30 horas inaugúrase no Centro Cultural da Guarda unha exposición organizada pola Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo e ANABAM. A exposición leva por título “Expo-Animalia”,e poderá visitarse do 11 ó 23 de maio en horario de 10.00 a 13.00 h e de 17.00 a 20.00 h os días laborables e de 10.00 a 13.00 horas os sábados.

Nesta exposición preténdese levar fóra das paredes da Facultade unha mostra da biodiversidade animal a través dunha colección (aínda que pequena) da Facultade de Bioloxía (Zooloxía). Moitas das especies desta colección foron recollidas en Galicia, pero parte delas proceden de puntos tan distantes como a Antártida, de expedicións realizadas pola costa Africana, ou de distintos países de América do Sur, grazas ao labor realizado polos distintos integrantes da área de Zooloxía e a persoas anónimas interesadas na vida animal que doaron parte do material exposto.

¡Merece a pena vela!

0 comentarios