Blogia
vgomez

DE VOLTA DE MELGAÇO

DE VOLTA DE MELGAÇO

Guía informándonos sobre unha mámoa descuberta.

Xa estamos de volta. Foron dous dían intensos, pero penso que merecue a pena. O relato da viaxe foi o seguinte:

DÍA 12 (Martes): Saímos sobre as 8,30. Un día feo, escuro e chuvioso, tanto que non puidemos parar en Salvaterra (parada "técnica") e fíxemolo en Monçao, cando amainou un chisco. De seguido directos á Porta de Lamas de Mouro, no Parque Nacional Peneda-Gerês, onde visitámos as instalación, e debido a chuvia persistente , as actividades (todas elas relacionadas coa temática do Ordeamento do Territorio) foron en instalacións a cuberto. E seguía a chuvia, polo que nos desprazamos a Castro Leboreiro, onde nos recibiron cos brazos abertos. A freguesía facilitounos un local (Centro Cívico), con calefacción, para comer. A tarde volvía pintar mal e decidiron os guías ir a altitudes máis baixas, e foi positivo pois parou de chover. Visitamos unha mámoa e unha branda (alí os habitantes teñen dúas casas para levar o gando, unha para o inverno a altitudes baixas e outra para o verán, estas últimas son as brandas). Despois visitamos A Peneda (coa súa igrexa situada baixo un espectacular penedo rochoso), e camiño cara a Melgaço. Alí  na Pousada da Xuventude foi onde nos aloxamos (unhas instalacións óptimas e un bo trato). Así rematou o primeiro día. Bueno, a noite foi longa ...

DÍA 13 (Mércores): O día comenzou moi pronto, para moito antes, e adaptarse á hora  era un problema (unha hora menos en Portugal). Despois dun bo pequeno almorzo e de recoller as nosas habitacións saímos camiñando ata o centro de Melgaço (20 min). Na Camara municipal escomenzamos a visita : Espazo Memoria e Fronteira (museo relacionado co contrabando e a emigración), ruínas arquelóxicas da Praza da República (que puxeron ao descuberto un foso da antigua muralla e elementos da fortificación), o museo do cinema  Jean Loup Passek (un espazo para revivir as memorias do cine) e a Torre Menagem (do século XIII, clasificada como Monumento Nacional). Despois tivemos unha hora de lecer libre e toca a comer. Unha hora de descando ata a chegada do autobús (16 horas) e o regreso.

Despois de case dúas horas, incluído unha "parada técnica" en Vilanoa de Cerveira, chegamos ás 17,50 horas ao IES.

Un agradecemento ao PROXECTO TERRque financiou (salvo o autocar) todos os gastos, ao persoal da Camara de Melgaço, ao persoal da Pousada da Xuventude, A freguesía de Castro Leboreiro, ao persoal do Parque N.P.G. e aos guías e outras persoas que fixeron posible esta actividade.

 

 

0 comentarios