Fotos de dinosaurios

Dinosauros / Imaxe: dinosaurios.info


Os dinosauros foron unha especie de réptiles prehistóricos de todos os tamaños, mesmo xigantescos que poboaron o planeta terra. Ao contrario do que ocorre co resto de réptiles, os dinosauros tiñan características totalmente variadas e moi diferentes entre eles. Mentres algúns dinosauros eran bípedo e camiñaban a dúas patas, cunhas patas superiores curtas a modo de garras, outros eran cuadrúpedos. Mentres algúns dinosauros eran realmente lentos, enormes e excesivamente pesados, outros eran, aínda que moi grandes, totalmente rápidos e mesmo outras especies eran ademais pequenas e totalmente lixeiras, servíndose da súa rapidez para poder capturar o seu alimento. Algúns utilizaban a súa velocidade para poder protexerse dos depredadores mentres outros o facían co seu corpo, formado por unhas estruturas moi grosas e case imposibles de atravesar. Existían dinosauros con cornos, con picos, con cristas, con ósos e mesmo con plumas.

Nesta nova sección imos averiguar o que sabes sobre eles. Lembra que só se trata de lembrar e en último caso de pescudar información sobre eles.

Comezamos!

1. A Era dos Dinosauros coñecese tamén como...

-  Era Aptiense

-  Era Paleozoica

-  Era Mesozoica

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es e dinosaurios.info