CANTO SABES DE ANATOMÍA? XII
Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
A contestación correcta á pregunta de onte é O+. A distribución dos grupos sanguíneos na poboación humana non é uniforme. O máis común é O+, mentres que o máis escaso é AB–. O donante universal é o O- e o receptor universal é o AB+.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Cal é o maior órgano do corpo humano?
- Fígado
- Pulmóns
- Pel
- Cerebro
Mañá a solución e unha nova pregunta
FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org
0 comentarios