Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? XIV

Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ascanio Sobrero. Ascanio Sobrero (1812-1888) foi un químico italiano que descubriu a nitroglicerina. Traballou como asistente do profesor J. T. Pelouze en París e logo foi profesor de química en Turín. A cara de Sobrero quedou chea de cicatrices polos cristais dun tubo de ensaio co chamado «aceite explosivo» explotoulle na década de 1840.​ Consideraba que a nitroglicerina era demasiado perigosa como para chegar a ter unha utilidade práctica e confesou que "cando penso en todas as vítimas que morreron en explosións de nitroglicerina, e os terribles estragos que causou, e que posiblemente continuarán ocorrendo no futuro, síntome case avergoñado de admitir que é o meu descubrimento".​ A partir desta substancia, Alfred Nobel creou a dinamita. Sobrero foi mortificado cando a familia Nobel comezou coa explotación segura e comercial da nitroglicerina, e co éxito da dinamita, aínda que Nobel citou abertamente a Sobrero como o inventor da nitroglicerina, Sobrero sentiu vítima dunha inxustiza.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Quen inventou a silicona?

- James Franklin Hyde

- Frederic Stanley Kipping

- Jöns Jackob Berzelius

Mañá a solución e una nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: maikelnai.naukas.com e products.pcc.eu/es

0 comentarios