Tratamiento de residuos electrónicos

RAEE / Imaxe: trenquelauquen.gov.ar

Anualmente, xéranse en todo o mundo máis de 40 millóns de toneladas de lixo electrónico. Os RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) están a ter un crecemento moi rápido, tres veces superior ao ritmo do resto de residuos sólidos urbanos. De feito, a cantidade de lixo electrónico que se xera xa chega aos elevadísimos niveis de residuos de envases de plástico, coa diferenza de que os RAEE son moito máis perigosos se non se tratan correctamente. Este tipo de residuos están compostos por varios elementos tóxicos, co consecuente impacto no medio ambiente e os riscos que supoñen para a saúde pública. Entre as substancias máis habituais que conteñen atópanse elementos como o cadmio, o chumbo, o óxido de chumbo, prata, cobre, antimonio, o níquel e o mercurio, entre outros.

En todo o mundo xéranse máis de 40 millóns de toneladas de residuos electrónicos e os expertos estiman que cara ao ano 2030 serán máis de mil millóns de toneladas. Só no continente asiático prodúcense uns 12 millóns de toneladas cada ano e espérase que os países en vías de desenvolvemento aumenten exponencialmente a súa xeración de refugallos nos próximos anos.

O gran problema vén porque a maior parte destes residuos non se están reciclando a través de métodos eficaces e seguros. Estímase que un 80 por cento dos residuos electrónicos acaban nun incinerador ou nun vertedoiro. As malas condicións no tratamento dos RAEE danse principalmente en países que non contan coa infraestrutura suficiente, nos que se tenta abaratar os custos da reciclaxe utilizando métodos que poñen en perigo a saúde dos traballadores e xeran un impacto ambiental moi negativo. O uso de métodos nocivos para o tratamento de aparellos eléctricos e electrónicos vén dado pola sobrecarga de lixo nestes países en vías de desenvolvemento, principalmente no sueste asiático e África subsahariana. Entre os métodos ilícitos que levan a cabo e sen ningún tipo de control para a separación das materias primas valiosas que conteñen os RAEE, destaca a chamada “reciclaxe informal”, que consiste en usar produtos tóxicos ao aire libre (que produce unha combustión aberta) e o uso do baño de ácido (meter os aparellos en ácido sulfúrico).

Diversas organizacións ecoloxistas levan anos reivindicando que se vixíe o cumprimento das normativas, mellorando a recollida e a clasificación dos RAEE, primando a reutilización sobre calquera outro tipo de reciclaxe. No noso país, o tratamento dos RAEE está fixado no Real Decreto 110/2015 e explica as responsabilidades na xestión destes residuos diferenciando entre os que proceden dun particular e os que veñen dun produtor e fai fincapé en que se recuperen e reutilicen ata que cumpran coa súa vida útil.  

RAEE procedentes de particulares: debemos entregar estes residuos para que sexan correctamente xestionados en puntos limpos. Se adquirimos un novo dispositivo equivalente ao que imos refugar, poderemos entregalo ao distribuidor para que se faga cargo del temporalmente.

RAEE de produtores: o produtor é responsable de xestionar os seus residuos, mediante sistemas de recollida específicos e diferenciados do resto de refugallos. Unha vez fosen almacenados, trasladaranse aos centros de tratamento autorizados. Solucións para os RAEE Para reducir os residuos electrónicos, o primeiro sería promover a súa reutilización e reparación. 

 
FONTE: Esteher Pauela/ Xornal El Mundo/Futuro sostenible