PLANCTON
O azul eléctrico, o plancton captado dende o satélite "Envisat" / ESA
A primeira vista, a fotografía, podería parecer o traballo humano dunha mestura de cores. Nada máis lonxe da realidade. Trátase da imaxe captada polo satélite "Envisat" da ESA (Axencia Espacial Europea) ao norte do océano Atántico. Na imaxe distínguese Irlanda (acantilados da costa amarronados e de verde as terras do interior).
O chamativo da imaxe é ese azul eléctrico: plancton (organimos diminutos que viven libremente nas augas marinas e continentais). Neste caso concreto fitoplancton ou plancton vexetal, coñecido vulgarmente como a "herba do mar", a diferencia do zooplancton ou plancton animal que non realizan a fotosíntese.
Aínda que son organismos microscópicos, a clorofila que empregan na fotosintese tingue as augas circundantes cando se xunta en gran cantidade, que é o que permitíu ao espectrómetro de resolución media na proxección de imaxes MERIS do satélite Envisat tomar esta fabulosa imaxe.
O fitoplancton non só é a base do alimenton doutros seres mariños, senón que axuda na eliminación do CO2 e a formación do O2.
0 comentarios