ILLA TORALLA
Illa Toralla (Fot.: turismogalicia.blogspot.com)
Seguro que máis dunha vez contemplastes esta imaxe dende a praia do Vao, na ría de Vigo. Trátase da illa Toralla. Seguro que o máis chamativo é a enorme torre duns 70 metros de altura e que foi construída alá polos anos 60. Se fose hoxe! E incluso daquela, non sei como llo permitiron!
Un aspecto máis desta illa é que boa parte dela é privada (45.000 m2) e 24.400 m2 é terreo de dominio público cedidos en concesión á Universidade de Vigo dende 2004.
Dende 1990 a ponte que a une coa praia do Vao, mantendo o seu carácter privativo, permite o seu uso público peatonal para acceder ás dúas praias da illa.
Finalmente nesta illa aséntanse xacementos arqueolóxicos: un castro da Idade de Ferro e unha necrópolis romana.
Parece incribe que aínda perduren estes atentados á natureza nos nosos días e que se permitira no seu momento facer esta aberración ambientai. E despois tiran aquí na Guarda unha casiña!
Como non podemos pasear pola illa a única forma de coñecela é a través da páxina web que os donos da illa teñen. Se che interesa pincha AQUÍ.
0 comentarios