O BURACO DE OZONO E O CLIMA NO HEMISFERIO SUR
O maior buraco de ozono sobre a Antártica detectado ata agora, o 24 de setembro de 2006 / NASA
Unha nova investigación, de científicos canadienses e estadounidenses, indica que a abundancia de veráns tropicais especialmente chuviosos nas últimas décadas débese ao adelgazamento da capa de ozono, ademais do aumento dos gases de efecto invernadoiro. O chamado buraco de ozono , que se produce anualmente sobre a Antártida, é a manifestación máis espectacular deste adelgazamento, que está afectando a toda a circulación atmosférica no hemisferio Sur.
Xa se sabía que o buraco de ozono cambia o fluxo atmosférico en latitudes altas, pero agora demóstrase que chega a aumentar as precipitacións nas zonas subtropicais.
A capa de ozono, situada na estratosfera terrestre (encima da troposfera, a capa que empeza na superficie terrestre), absorbe a maior parte dos raios ultravioleta solares. O uso dos clorofluorocarbonos, compostos artificiais, provocou o seu paso á atmosfera, onde xa destruíron gran parte da capa de ozono. Esta destrucción, especialmente importante sobre a Antártida, foi descuberta nos anos oitenta e tomáronse medidas, encadradas no Protocolo de Montreal para deixar de usar os compostos destructores. A capa de ozono xa empezou a recuperarse, aínda que lentamente, e espérase que se volva á situación de equilibrio a mediados deste século.
Sen embargo, se parte das manifestacións incipientes dun cambio global observadas ata agora débense a este problema, esto confirma que o ser humano pode introducir cambios no clima, engadindo un novo grao de incertidume ao futuro climático da Terra.
Os científicos queren agora estudiar os fenómenos extremos de precipitacións, asociados a corrementos de terras e inundacións, para intentar saber como a desaparición do buraco de ozono vailles influír.
FONTE: El País
0 comentarios