OBSERVACIÓN ORNITOLÓXICA
No día de onte, luns 9 de marzo, os alumnos-as de 1º ESO e na materia de CN, distribuídos en quendas de mañá e tarde, fixeron unha saída para a realización de observacións ornitolóxicas. Contamos co asesoramento e material facilitado por ANABAM.
Aínda que tivemos un día fermosísimo, tendo en conta a época que nos atopamos, as aves que había non eran moitas. De calquera xeito puidemos observar: Alavanco real (Anas platyrhynchos), Mazarico galego (Numenius phaeopus), Píllara riscada ( Arenaria interpres), Garza real (Ardea cinerea), Garzota (Egretta garzetta), Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo), Carrán cristado (Sterna sandvicensis), etc
¡Un día a recordar!
0 comentarios