ANIMAIS EXTINTOS II
Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.
Se onte falamos do dodo, hoxe tócalle o turno á...
2. Ra incubadora gástrica
A ra incubadora gástrica (Rheobatrachus silus) era unha especie australiana de anfibio cun sistema reprodutivo bastante particular. Orixinaria de Queensland (Australia), a femia tragábase os ovos fertilizados e os incubaba no seu propio estómago, que medraba gradualmente ata que case o 40% do peso correspondía ás crías. Tras seis semanas, as crías saían pola boca da nai completamente desenvolvidas. Considérase extinta desde 2002.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza Imaxe: The Rainforest Information Centre
0 comentarios