LITTERING
O abandono de lixos na natureza coñécese como littering (do inglés "tirar lixo") e é un dos maiores perigos que encaran os ecosistemas.
O littering é cada vez maior, ata o punto de que os expertos estiman que en 2050 haberá máis plástico que peixes nos océanos. Tirar residuos na natureza causa graves impactos no medio ambiente e a economía, como lembran diversos estudos.
"Aínda que ten lugar en todo tipo de contornas naturais, os mares e océanos concentran nestes momentos a preocupación a nivel internacional. Calcúlase que o 80% do lixo que se atopa neles procede do littering terrestre", afirman dende Proxecto Libera de SÉ/ BirdLife e Ecoembes, unha iniciativa de concienciación cidadá sobre este problema.
Nós podemos evitalo!
FONTE: Revista Consumer/Medio Ambiente
0 comentarios