OS PULMÓNS DO NOSO PLANETA SON OS NOSOS PULMÓNS
Acción publicitaria da ONG WWF. "Antes de que sexa demasiado tarde" / Axencia TBWA, Francia.
Segundo a RAE, a deforestación é a acción e efecto de deforestar. E se miramos en desforestar dinos que é desposuír un terreo de plantas forestais. Este problema, o cambio climático e a contaminación dos mares constitúen as maiores ameazas globais que ten que afrontar xa o xénero humano.
E é que a deforestación non só é a destrución de árbores e todo o ecosistema que está ao seu ao redor. Varios e enormemente daniños son os problemas asociados á eliminación dos nosos bosques e espazos naturais. Por mencionar uns cuantos de maneira somera están a extinción de especies asociadas a ese hábitat, a nula absorción dos gases de efecto invernadoiro, co consecuente aumento do cambo climático, a erosión do chan e a alteración do ciclo da auga.
A ONG WWF, cun ton xocoso, no anuncio publicitario superior, pon énfase no arrepiante número de árbores que desaparecen cada minuto. E é que a mellor maneira de facer visible o problema é poñendo exemplos visuais.
En definitiva, que estamos a xogar cos pulmóns da terra e en calquera momento podemos sufrir unha pneumonía moi grave.
Tomemos conciencia!
FONTE: Chiqui de la Fuente/elpais.es/publizia
0 comentarios