Reconstrucción de Insight en la superficie de Marte  
Reconstrución da Insight na superficie de Marte / NASA

Onte, ás 13:05 hora peninsular española dende a base Vandenberg das Forzas Aéreas (California) comezou a viaxe da Insight (Exploración Interior con Investigacións Sísmicas)

Se todo sae ben, a nave de seis metros de longo e 700 quilos chegará a Marte o 26 de novembro. Aterrará nunha área areosa de Elysium Planitia, unha rexión de volcáns extintos preto do ecuador do planeta. Tras a aterraxe, un brazo robótico pousará sobre a superficie un segundo instrumento que penetra na terra ata cinco metros, máis que ningunha outra misión, e medirá canta calor escapa do interior do planeta. Un terceiro dispositivo de radio analizará anomalías na rotación de Marte provocadas polos seus materiais internos. Todo isto achegará os cálculos máis precisos do grosor da cortiza, manto e núcleo, a primeira radiografía de Marte para entender como se formou fai 4.600 millóns de anos.

InSight axudará a entender por que a evolución de Marte e a Terra foron tan diferentes e que elementos son esenciais para que o noso planeta sexa habitable.

FONTE: elpais.es