20180507193606-fotonp.jpg

Exemplar dunha estrella de mar "Asterina martinbarriosi" e imaxe tomada mediante microscopía electrónica de dúas espiñas modificadas con forma de pinza dun exemplar de "Asterina vicentae" / CSIC

As estrelas de mar son unha testemuña vivente da hipnótica simetría que esconde a natureza. Sen cerebro e sen sangue, estes animais (pertencentes ao grupo dos equinodermos), posúen propiedades como a rexeneración das súas extremidades.

Algunhas especies están en perigo de extinción polo que a identificación e catalogación de cada unha é crucial para a súa conservación. Agora un grupo de investigadores españois liderado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) descubriu dúas especies novas de estrelas de mar. Ambas, englobadas no xénero das Asterinas, denomináronse como Asterina martinbarriosi (achada nas Illas Canarias) e Asterina vicentae (procedente do Delta do Ebro). O achado, enmarcado nun estudo sobre a diferenciación xenética e morfolóxica de invertebrados mariños ameazados, foi publicado en Invertebrate Systematics.

O achado permitirá unha mellor conservación das estrelas de mar en perigo de extinción.

FONTE: elmundo.es/ciencia e csic.es