20180509113857-bandeiras.jpg

Praia do Muíño e Area Grande / Imaxes: campingmuiño.com e galicia-portugal.com

Este verán volverá ondear a bandeira azul nas praias guardesas de O Muíño e Area Grande.

A bandeira azul é un distintivo de calidade que premia o cumprimento duns estándares de condicións hixiénicas, sanitarias, de seguridade, accesibilidade, información, salvamento e socorrismo.

A Comunidad Valenciana ocupa o primeiro posto con 132 bandeiras. Galicia repite como segunda comunidade con máis bandeiras azuis (101) a pesar de perder 7.  

A lista fíxose pública onte pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac). Se queres coñecer todo o listado preme AQUÍ.