"DOMINION": DOMINIO ANIMAL
Chámase Dominion e ten todos os ingredientes para ser un dos documentais máis impactantes deste ano sobre os dereitos dos animais. Escrita e dirixida por Chris Delforce, e gravada en Australia, Dominion mostra de forma gráfica e contundente o modo en que os humanos usamos, abusamos e explotamos aos animais en seis facetas primordiais da nosa relación con eles: mascotas, vida salvaxe, investigación científica, entretenimieno, vestimenta e alimentación; para cuestionar a moralidade e a lexitimación do noso dominio (de aí o seu nome) sobre o reino animal.
A película, estréase hoxe, 29 de marzo, a nivel mundial, foi realizada a partir de centos de imaxes obtidas durante anos en investigacións encubertas de Aussie Farms en Australia; e doutras capturadas por un dron aéreo que achegan unha nova perspectiva e contexto da dimensión da explotación animal.
O proxecto financiouse cunha campaña de crowdfunding que colleitou máis de 19.000 dólares, ademais doutras achegas de organismos animalistas. Está coproducido por Shaun Monson (Earthlings), Animal Liberation Vitoria e Animal Liberation TM entre outros, narrado por Roodney Mara e Joaquin Phoenix e con música de Asher Pope.
Aquí tedes o trailer. Contundente!
FONTE: publico.es/culturas
0 comentarios