CAMPAÑA

“MOVILízate por la selva” é unha campaña de reciclaxe de móbiles lanzada polo Instituto Jane Goodall España, co apoio da primatóloga e conservacionista Jane Goodall, da que xa temos falado neste blog en nomes propios, embaixadora do Año do Gorila 2009, Premio Príncipe de Asturias 2003 e Mensaxeira da Paz polas Nacións Unidas.

A campaña ofrecelle aos cidadáns unha forma sinxela e gratuíta de aportar móbiles en desuso (en funcionamento ou non), o que permitirá:
-reutilizar terminais e reducir a insostible demanda dos seus compoñentes.
-reciclar elementos útiles e dispor adecuadamente de materiais tóxicos, evitando a contaminación do medio.
-recaudar fondos para proxectos de apoio ao desenrolo de ciudadáns congoleños, e aos programas de educación e conservación na R. do Congo, como o do Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga. Alí, o Instituto Jane Goodall coida de máis de 140 chimpancés rescatados, a grande maioría achegados en péximas condicións tras ser decomisados a cazadores, traficantes ou particulares.
Se estás interesado nesta campaña ou queres participar, pincha en MOVILízate para ter unha maior información ao respecto.
É por unha boa causa!
0 comentarios