OS PREMIOS NOBEL CUESTIONADOS
O xornal El Pais, de onte, trae unha reportaxe de Javier Sampredo, titulado "Los olvidados del Nobel". Esta comenza facendose a seguinte pregunta: "Que premio Nobel explicou a física cuántica da radiactividade, postulou a versión moderna do Big Bang, propuxo que as estrelas brilan por reaccións termonucleares e descubríu o concepto de código xenético? Ningún. A persona existíu -chamábase George Gamow-, pero non recibíu o premio. Nin o de física nin o de medicina.
Este é un só dos apuntamentos que se fai na reportaxe e que dalgunha maneira cuestionan estes premios despois da concesión, tan sorprendente para todo o mundo, do Nobel da paz ao presidente dos EEUU. Precisamente sobre este tema, noutro momento da reportaxe dise: "E fóra das ciencias áinda é peor. O pacifista máis célebre do século XX, Mahatma Gandhi, non recibíu o Nobel da paz, a diferencia de Henry Kissinger ou Yasser Arafat".
Non se escapa ningunha das 6 disciplinas, ás que se conceden os Nobel, ás críticas incluso cuestionan a limitación das mesmas, deixando de lado á paleontoloxía, matemáticas, ..., incluso o cine.
Penso que é unha reportaxe interesante para ler e aprender. Se estás interesado nela, na súa integridade, pincha en "Los olvidados del Nobel"
0 comentarios