Urogallo

 

A contestación correcta á pregunta do día pasado é   CARBALLO CERQUEIRO. As árbores  marcescentes non son nin perennes nin caducas. Estas especies conservan as follas secas nas ramas ata que nacen os novos brotes do ano, polo que nunca chegan a estar totalmente “espidos”. O carballo cerqueiro (Quercus  pyrenaica) é un exemplo de especie  marcescente.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. En cal destes bosques poderias topar a pita do monte?

- Fraga de faias dos Picos de Europa

- Piñeiral dos Montes de Valsaín

- Fraga de aciñeiras de Serra Morena

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Revista Muy Interesante/Naturaleza