Blogia
vgomez

A SINAL DE OSÍXENO MÁIS AFASTADA DO UNIVERSO

7h1Q6TmK en Videos

A galaxia  MACS1149- JD1, no  recadro, vista como era hai 13.000 millóns de anos. A distribución do osíxeno represéntase en vermella / ALMA (ESO/ NAOJ/ NRAO), NASA/ESA  Hubble  Space  Telescope,  W.  Zheng ( JHU), M.  Postman ( STScI),  the  CLASH  Team,  Hashimoto  et al.

Un equipo internacional de astrónomos, entre eles españois do Centro de  Astrobiología (INTA-CSIC), detectou o sinal de osíxeno máis distante xamais descuberta no Universo, nunha galaxia situada a 13.280 millóns de anos luz da Terra. O achado pode cambiar o que sabemos sobre os comezos do Cosmos, xa que implica que as primeiras estrelas comezaron a aparecer nunha etapa inesperadamente temperá: 250 millóns de anos despois do  Big  Bang, a gran explosión que deu orixe a todo.

Os investigadores utilizaron o telescopio ALMA, situado no deserto de  Atacama, Chile, para observar unha galaxia distante chamada  MACS1149- JD1. Detectaron un resplandor moi débil pero ben definido, emitido polo osíxeno  ionizado na galaxia. A medida que esta luz infravermella viaxa polo espazo, a expansión do Universo desprázaa e, para cando foi observada por ALMA, a lonxitude de onda era máis de dez veces máis longa que cando se orixinou. O equipo mediu o cambio na lonxitude de onda da luz e descubriu que o sinal viaxara 13.280 millóns de anos luz para alcanzarnos, convertendo ese osíxeno no máis distante ou máis antigo detectado por un telescopio. Ademais, o  Very  Large  Telescope (VLT) do Observatorio Europeo Austral (ESO) atopou de forma independente un sinal máis débil de emisións de hidróxeno neutro á mesma distancia que o osíxeno.

Un artigo publicado na revista  Nature da a coñecer o achado, que ten implicacións sobre como entendemos a infancia do Cosmos. Durante un certo período despois do  Big  Bang, non había osíxeno no Universo. Este elemento foi creado polos procesos de fusión das primeiras estrelas e logo liberado ao morrer estas. A súa detección en  MACS1149- JD1 indica que unha xeración anterior de estrelas xa se formou e expulsado osíxeno apenas uns 500 millóns de anos despois do comezo do Universo.

Pero, cando naceron esas primeiras estrelas? Para pescudalo, o equipo utilizou datos infravermellos tomados cos telescopios espaciais  Hubble Spitzer. Descubriron que o brillo observado da galaxia pode explicarse cun modelo no que o inicio da formación estelar comeza tan só 250 millóns de anos despois do comezo do Universo.

O modelo indica que a formación de estrelas volveuse inactiva unha vez despois da primeira  ignición, e logo reviviu na época das observacións de ALMA; 500 millóns de anos despois do  Big  Bang. Os astrónomos supoñen que o primeiro refacho de formación de estrelas expulsou o gas da galaxia, o que suprimiría a formación de estrelas. Logo, o gas regresou á galaxia e conduciu ao segundo estalido de formación estelar. As masivas estrelas recentemente nadas na segunda explosión  ionizan osíxeno, e son esas as emisións que se detectaron con ALMA.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios