FÓSIL DUN PEQUENO RÉPTIL VOADAOR
Un xacemento chino, preto de Mongolia, conservaba entre os sedimentos de hai uns 130 millóns de anos o esqueleto dun diminuto réptil voador , o máis pequeno que se leva descuberto ata agora.
O pequeno pterosaurio, bautizado como Nemicolopterus crypticus, tiña unha envergadura, coas as abertas, de tan só 25 cm e, á vista dos seus rasgos físicos, pénsase que vivía sobre as árbores como un paxaro. Comprobaron que non tiña dentes, que a forma da crista do seu húmero era diferente e que as falaxes das súas patas estaban curvadas, peculariedades que permiten afirmar que o lagarto N. crypticus vivía nas árbores e que comía insectos nos bosque do norte da China.
Os lagartos alados existiron durante toda a idade Mesozoica (de hai 228 a 65 millóns de anos) e pénsase que foron os primeiros vertebrados en invadir o aire.
O caso que nos ocupa, situámolo no Cretácico temperán.
0 comentarios