A solución á pregunta do día anterior é   SAN PETERSBURGO-RUSIA.  Inaugurado en 1764, o Museo da Hermitaxe é unha das maiores  pinacotecas e museos de antigüidades do mundo. Atópase na cidade de San Petersburgo (Rusia) e nel podemos contemplar obras como “A danza” de  Henri Matisse, “Flora” de Rembrandt, “Lles  Arenes” de Vincent Van  Gogh ou “Madgalena  penitente” de Tiziano.

E imos coa pregunta de hoxe!


p4

4. Se queremos marcarnos un baile moi concreto, o Joropo, no seu país de orixe, onde teriamos que ir?

- A Botswana ou Camerún

- A Venezuela ou Colombia

- A Grecia ou Malta

- A Honduras ou Perú

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muy interesante.es/arte-cultura