Blogia
vgomez

CALENDARIO ESCOLAR 2018/2019

Calendario Escolar Galicia

 

A poucos días de rematar este curso, xa coñecemos o calendario escolar do próxico curso 2018/2019. Estas son os aspectos máis importantes:

- Comezo e remate de clases:

No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.

Na ESO, no BACH e na FP, a impartición efectiva de clases realizarase do día 17 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive.

- Períodos de vacacións:

Nadal: desde o día 22 de decembro de 2018 ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.

Entroido: días 4, 5 e 6 de marzo de 2019.

Semana Santa: desde o día 13 ata o 22 de abril de 2019, ambos inclusive

- Días non lectivos:

Día do Ensino: 7 de decembro de 2018

2 días propostos polo Centro, agas que unha ou dúas festas laborais de carácter local coincidan con días de clase.

Para coñecer polo miúdo o calendario preme AQUÍ.

FONTE: edu.xunta.gal

0 comentarios