CANTO SABES DE ARQUEOLOXÍA? V
Continúo coa serie Canto sabes de arqueoloxía?, na que se pon a proba os teus coñecementos sobre esta disciplina que estuda as sociedades antigas a partir dos seus restos materiais.
A contestación correcta á pregunta de onte é No 196 a.C. É unha estela exipcia da época tolemaica que contén un texto en tres tipos de escrita e a súa grande importancia radica en que foi a peza chave para o inicio do descifrado dos xeróglifos exipcios antigos. É unha peza de granito negro, cunha inscrición bilingüe (grego e exipcio) dun decreto de Tolomeo V, en tres formas de escrita: xeroglífica, demótica e grego uncial (grego en letras maiúsculas), de algo máis dun metro de longo, de 72 centímetros de ancho e 27 centímetros de grosor. Pesa 548 quilos. Foi descuberta o 15 de xullo de 1799 na vila exipcia do delta do Nilo denominada Rashid, chamado polos franceses de Rosetta, polo capitán francés Pierre-François Bouchard cando as tropas capitaneadas por Napoleón Bonaparte atopábanse realizando a que se converteu nunha célebre exploración das terras do Exipto.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. Atopa o gazapo respecto a estas cidades antigas e as súas localizacións.
- Cartago / Grecia
- Persépolis / Persia
- Troia / Asia Menor
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org
0 comentarios