Sol e praia / Imaxe: peritic.blogspot.com.es

Hoxe, 21 de xuño, ás 12 horas e 7 minutos (hora oficial peninsular), comeza o verán de 2018.   

Durará 93 días e 15 horas, e rematará o 23 de setembro, co comezo do outono.

Os inicios das estacións defínense como aqueles instantes nos que a Terra se atopa nunha determinada posición na súa órbita  ao redor do Sol. No caso do verán, esta posición corresponde ao momento no que o centro do Sol, visto dende a Terra,  acada a súa máxima declinación Norte  (+23º  27’). Cando iso sucede, a altura máxima do Sol ao mediodía apenas cambia durante varios días, e a esta circunstancia chámase  solsticio (“Sol  quieto”) de verán. É o momento en que o verán empeza no hemisferio norte, no hemisferio sur empeza o inverno.

Bo verán a tod@s!

FONTE:astronomia.ign.es