Blogia
vgomez

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 20206/2027

O pasado luns, 15 de xuño, publicouse no DOGA o calendario escolar para o curso 2026/2027. Estes son os apartados máis importantes:

Calendario das actividades lectivas:

As actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, primeiros cursos de ciclos formativos de grao básico, de grao medio e de grao superior da formación profesional, nos cursos de especialización e nas ensinanzas de réxime especial realizaranse desde o día 9 de setembro de 2026 ata o 21 de xuño de 2027, ambos incluídos.

Nos segundos cursos dos ciclos formativos de grao básico, grao medio e grao superior da formación profesional, as actividades lectivas realizaranse desde o día 9 de setembro de 2026 ata o 15 de xuño de 2027, ambos incluídos.

No segundo curso de bacharelato a impartición efectiva das clases rematará de acordo coas datas previstas da proba de acceso á universidade (en diante, PAU).

Vacacións escolares:

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2026/27 serán os seguintes:

Desde o día 22 de decembro de 2026 ata o día 7 de xaneiro de 2027, ambos incluídos.

Os días 8, 9 e 10 de febreiro de 2027.

Do día 22 ao 29 de marzo de 2027, ambos incluídos.

Días non lectivos

1. As festas laborais de ámbito estatal, as festas laborais de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e as festas laborais de carácter local acordadas pola consellería con competencias en materia de emprego da Xunta de Galicia serán días non lectivos.

2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local a que se refire o punto anterior non coincidan con días lectivos, os consellos escolares, os consellos sociais ou, na súa falta, as persoas responsables dos centros de menos de tres unidades solicitarán, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral anual do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. Esta petición deberá facerse antes do día 16 de outubro de 2026 perante a dirección territorial correspondente, que, logo de informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa e dos que coide oportunos, resolverá o que proceda.

É recomendable que os centros da mesma localidade elixan, de ser o caso, os mesmos días non lectivos, para o cal se buscará o consenso entre todos os centros para a súa selección.

3. O Día do Ensino, que terá a consideración de día non lectivo, celebrarase o 7 de decembro de 2026.

Para ampliar a información sobre o calendario escolar preme  AQUÍ.

FONTE: DOGA      Imaxe: campamentos.info

0 comentarios