A GUARDA BRILLA CON LUZ PROPIA: VOTA
A Guarda brilla con luz propia! O noso municipio foi elixido para representar a Galicia na recoñecida campaña nacional de Ferrero Rocher “Xuntos Brillamos Máis”, que cada ano selecciona unha localidade de cada comunidade autónoma para competir polo aceso da súa famosa iluminación do Nadal en tons dourados.
En total, dezasete municipios de toda España participan nesta edición, un por cada comunidade autónoma, nunha iniciativa que busca premiar o espírito comunitario, a beleza e o encanto das localidades.
A campaña convida a todos os cidadáns a participar activamente votando polo seu municipio favorito. Nesta primeira fase, as votacións estarán abertas desde o 3 ata o 23 de novembro.
Apoia ao teu pobo: A GUARDA! Para votal preme AQUÍ.
0 comentarios