Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: "IMPÓRTAME UN PEMENTO!"

 

 

Bodegón / Imaxe: paisajesybodegones.com/

 

Impórtame un pemento! Esta expresión empregámola cando queremos dicir de algo que nos trae sen coidado, impórtanos pouco ou nada ou o desinterese que poida carrexa algo.

A expresión provén do mundo da pintura, máis concretamente da  pntura de bodegóns e naturezas mortas. Coa explosión deste xénero pictórico no século  XVII os artistas buscaban cada vez máis o virtuosismo en cada unha das súas teas, non só na composición das súas imaxes senón na recreación de todas e cada unha das texturas dos obxectos representados. É por este motivo que os pintores adoraban as granadas, os limóns e todo froito cuxa superficie fose un desafío á hora de ser reflectida fielmente. Unha das verduras que non gozou desta fortuna foi o pemento, que podería ser en cambio unha gran novidade considerando a súa chegada a Europa só despois da súa importación desde América. A superficie do pemento, tersa, brillante e case por completo  monocroma, non ofrecía ningún atractivo aos pintores de bodegóns, que de cando en cando o incluíron nos seus cadros. Por iso neste gremio comezou a utilizarse a expresión “impórtame un pemento”, propio pola “inutilidade” da verdura para as súas creacións.

FONTE: emitologias.wordpress.com

0 comentarios