Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: IR CAGANDO LEITES

Imos dar un argumento para que te fagas o listillo a próxima vez que escoites a alguén dicir que algo ou alguén vai cagando leites. O significado, e damos por feito que o sabes, pero polo si ou polo non explicámosche cagando leites: significa ir moi rápido

A expresión, evidentemente, non é literal. Grazas a Deus! Pero case. Temos que remontarnos ao século XIX, cando era habitual que os leiteiros vendesen o seu produto de porta a porta, transportándoo en cubetas grandes, ben sobre os seus ombreiros, ou ben coa axuda de animais que adoitaban ser burros ou cabalos. E tiñan que facelo á primeira hora da mañá e o máis rápido que puidesen, fundamentalmente por dúas razóns:

Razón 1. Ti almorzas con leite, verdade? Pois os do século XIX tamén, así que o leiteiro debía chegar pronto, antes da hora do almorzo.

Razón 2. Antes non existía a pasteurización, co cal o leite era un produto perecedoiro que se estragaba moi pronto. Había que darse présa.

Entón, se xuntamos esas présas con que por aquel entón as rúas non estaban asfaltadas e abundaban as fochancas, o resultado é que gran parte do leite que ía nas cubetas íase derramando polo camiño. Este leite cortábase rapidamente volvéndose medio sólida o que, unido a que as moscas acudían a pegarse o festín, dáballe unha aparencia bastante parecida ás boñigas do gando, pero nunha bonita cor branca roto. Imos, que o animal que servía de transporte deixaba ao seu paso pola rúa un rastro de leite derramado e parecía iso, que ía cagando leites.

FONTE: esquire.com/es  Imaxe: epics

0 comentarios