A ORIXE DAS PALABRAS: QUEIMAR AS NAVES
Hernán Cortés mandou afundir as súas naves (Cortés deu cos navíos ao través) gravado de Van Beecq / es.wikipedia.org
Usamos a expresión “queimar as naves” cando queremos referirnos a gastar os últimos esforzos coa intención de obter algún logro con certo carácter heroico, é dicir lanzarse a por un obxectivo á desesperada, renunciando á posibilidade de dar marcha atrás ante un eventual fracaso.
Da súa orixe hai dúas versións. A primeira, atribúe o nacemento desta expresión aos tempos de Hernán Cortes e a conquista de México (1521). Contan que durante esta operación produciuse un motín e que o caudillo, tras o correspondente consello de guerra, mandou afundir (que non queimar) a maior parte dos seus barcos. Todo para que ninguén tivese a tentación de recuar pola dificultade da misión.
A segunda, e versión máis consistente, ten a súa orixe moito antes. Concretamente no século III antes de Cristo, tal e como reflicte Manuel Campuzano no seu libro "Alexandro Magno. A excelencia desde o liderado". Contase no libro que, ao chegar á costa Fenicia, Alexandro Magno observou que os seus inimigos triplicábano en número e que a súa tropa víase derrotada antes de pisar o campo de batalla.
Alexandro Magno desembarcou e inmediatamente mandou queimar todas as naves. Cóntase no citado libro, que mentres a súa flota ardía, o líder macedonio reuniu aos seus homes e díxolles: "Observade como se queiman os barcos... Esa é a única razón pola que debemos vencer, xa que se non gañamos, non poderemos volver aos nosos fogares e ningún de nós poderá reunirse coa súa familia novamente, nin poderá abandonar esta terra que hoxe desprezamos. Debemos saír vitoriosos nesta batalla, xa que só hai un camiño de volta e é polo mar". “Cabaleiros, cando regresemos a casa farémolo da única forma posible, nos barcos dos nosos inimigos”.
FONTE: abc.es/cultura e es.wikipedia.org
0 comentarios