A ORIXE DAS PALABRAS: TER BOAS ALDABRAS
‘Ter boas aldabras’ é unha antiquísima expresión utilizada para indicar que alguén tiña bos e importantes contactos e influencias (para conseguir un favor, traballo…).
A orixe desta locución provén dos tempos nos que as portas non dispoñían de timbre senón de picaportes (coñecidas como ‘aldabras’) os cales eran unhas pezas de ferro (ou bronce) utilizados para chamar, golpeándoas contra a porta.
Canto máis importante e poderosa era a persoa que vivía naquel lugar máis grandes e valiosos eran os chamadores.
Cando alguén tiña amizade cunha persoa influente, en caso de necesidade podía acudir á vivenda e chamar á porta (mediante a aldabra), co fin de expoñerlle un problema ou pedir un favor.
Por iso é polo que xurdise o símil entre os chamadores e o ter bos e importantes contactos.
FONTE: Alfred López/20minutos.es
0 comentarios