Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: ENTRAR A SACO

Na súa orixe utilizábase a expresión ‘entrar a saco’ cando querían referirse a algo que se realizaba sen miramiento algún e sen pensar nas consecuencias, o que podía provocar numerosas desfeitas non tidos en conta por parte de quen o realizaba. Na actualidade tamén se lle dá outros usos e é frecuente poder escoitar frases do estilo de: ‘fulanito éntralle a saco a todas as mozas que coñece’,  ‘hoxe nun bar o camareiro entroume a saco’…

A orixe da expresión ‘entrar a saco’ atopámolo no verbo ‘saquear’ que era o acto que se realizaba antigamente, durante os períodos de guerra, no que os soldados que invadían un lugar entraban nas casas/vivendas/negocios e arrasaban con todo o de valor que pillaban. Para iso utilizaban uns grandes sacos que portaban consigo e no que depositaban o maior número de cousas que podían roubar.

Evidentemente non só os soldados durante a guerra realizaban eses saqueos, senón que ese acto era común entre outros moitos colectivos/personaxes, entre eles os coñecidos piratas, quen entraba a saco e/o saqueaban naqueles barcos aos que abordaban.

Ese tipo de roubo pasou a ser coñecido como saqueo e con el naceu a expresión ‘entrar a saco’ como sinónimo de facer algo de forma irrespetuosa, dándolle cos anos as diferentes variantes de uso que hoxe en día todos coñecemos.

FONTE: blogs.20 minutos.es        Imaxe: theinhabitant.blogspot.com

0 comentarios