A ORIXE DAS PALABRAS: "MÁIS SE PEDEU EN CUBA..."
Soldados en Cuba / Imaxe: historiaybiografias.com
"Máis se perdeu en Cuba...". É un dito que se usa para minimizar a gravidade dun problema ou contratempo.
Naceu, como non podía ser doutra maneira, en 1898, despois da guerra entre Estados Unidos e España polo dominio da illa caribeña, e a súa forma orixinal era "Máis se perdeu en Cuba e viñeron cantando", ou tamén "Máis se perdeu en Cuba e volveron asubiando". Naquel conflito, Estados Unidos destruíu toda a frota española no Caribe e en Manila; a contenda terminou coa derrota sen paliativos de España, que debeu ceder ao vencedor os territorios de Cuba, Porto Rico e Filipinas, entre outros. E, segundo unha lenda popular, os poucos sobreviventes españois do desastre regresaron á súa patria cantando, contentos por salvarse.
Ese foi a orixe da frase!
FONTE: Nacho Otero/Revista Muy Interesante
0 comentarios