A ORIXE DAS PALABRAS: PASAR A NOITE EN BRANCO
Cando dicimos que alguén pasou a noite en branco, entendemos ben que estivo sen poder durmir por preocupacións, traballo ou por algunha doenza, etc. A todos pasounos, pero cal que a orixe destas expresións? por que dicimos que tivemos unha noite en branco ou que estivemos en branco? a súa orixe é moi antiga e ata ten un toque cabaleresco.
As expresións pasar a noite en branco ven dunha tradición medieval. Naquela época, os aspirantes a cabaleiros tiñan unha tradición moi especial que levaban a cabo a noite antes da súa cerimonia de nomeamento.
O futuro cabaleiro pasaba toda a noite sen durmir, velando as súas armas nunha igrexa ou capela. Non era só quedar esperto por quedar senón que tiña un propósito máis profundo e simbólico.
Era unha vixilia, un tempo dedicado á reflexión e oración, na que o futuro cabaleiro preparábase non só física senón espiritualmente para as responsabilidades que asumiría ao día seguinte.
Durante esta vixilia, os aspirantes adoitaban vestir túnicas brancas, de aí vén o de pasar a noite en branco. O branco simbolizaba a pureza e a seriedade do seu compromiso.
Hoxe usamos esta frase para describir calquera situación na que nos toca non pegar ollo durante toda a noite, sexa cal for o motivo.
FONTE: Georgina Figueras/lasexta.com Imaxe: normacatalan-spanishteacher.com
0 comentarios