Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: A OLLO DE BO CUBEIRO

A ollo de bo cubeiro é unha frase que se utiliza para falar da acción de medir algo dunha forma imprecisa, sen a axuda de ningún tipo de peso ou medida.

Segundo diversas fontes, a orixe da expresión estaría relacionado co antigo oficio de cubeiro (persoa que, de forma artesanal, fabricaba as cubas nas que se almacenaba o viño.

A cuba era, ademais dun recipiente, unha medida de capacidade; e xa que non existía ou non se utilizaba no oficio do que falamos ningún tipo de dispositivo para a medición, a exactitude da capacidade da cuba dependía, por tanto, da pericia do fabricante (neste caso o cubeiro).

Por iso é polo que primeiro, no ámbito rural e logo a nivel xeral, comezásese a utilizar a expresión ​a ollo de bo cubeiro cada vez que alguén se refería ao feito de medir algo valéndose unicamente da percepción e da vista.

FONTE: ui1.es      Imaxe: fraseomania.blogspot.com

0 comentarios