Blogia
vgomez

A ORIXE DAS PALABRAS: "POÑER OS CORNOS"

Origen del cuerno de la abundancia cuerno de cabra

Cornamenta / Imaxe: esoterismos.com

"Poñer os cornos". Frase que se usa para indicar que se cometeu unha infidelidade.

Como case sempre, hai diferentes versións segundo a fonte que consultemos, polo que está en nós o crer como máis veraz unha ou outra. Algunhas fontes indícannos que ao parecer a orixe da expresión “poñer os cornos” debémosllo aos viquingos, pois os xefes das aldeas ou poboados tiñan unha especie de “dereito de pernada” sobre as mulleres do seu territorio, é dicir, podían manter relacións con calquera dos alí presentes sen ningún tipo de compromiso. Cando isto ocorría o xefe colocaba na porta da casa o seu casco, adornado polos dous cornos típicos, de maneira que ninguén se atrevese a importunar. Isto deu orixe á expresión que hoxe tratamos para referirnos a algún tipo de infidelidade, pois estas mulleres adoitaban estar casadas ou eran pretendidas por algún raparigo da mesma tribo, que sentirían como unha infidelidade a desgraza de que o xefe do clan fixásese na súa amada.

Outras fontes contan a mesma historia, na Idade Media,  pero cos nobres británicos como protagonistas cando colocaban unha cornamenta de cervo nas portas da casa onde o señor feudal estaba a exercer o chamado dereito de pernada.
 
Fiinalmente ao relato do ”Libro do Bo Amor” do Arcipreste de Fita, en que narra a historia dun pintor que marcha durante dous anos de viaxe e antes de partir píntalle un cordeiro á súa esposa baixo o embigo. Como a esposa non lle é fiel, o cordeiro bórraselle, polo que lle pide ao seu amante (outro pintor) que lle debuxe un cordeiro... pero tendo  como resultado o debuxo dun carneiro por parte do amante. Ao regresar o marido pregúntalle á esposa que como é posible que o cordeiro que debuxou hai dous anos, se convertera nun carneiro, obtendo a resposta por parte da esposa de que era o normal, pois en tan longo tempo o cordeiro medra e convértese nun estupendo carneiro, lucindo unhos fermosos cornos.

FONTE: aulafacil.com

0 comentarios