CANTO SABES DE ARXENTINA? VII
Continúo coa serie adicada a Arxentina, oficialmente denominada República Arxentina, un país soberano de América do Sur, situado no extremo sur e sueste de devandito subcontinente, e ao que nos une moitos lazos, como ser considerada a quinta provincia galega pola emigración dos galegos a ise país.
A contestación correcta á pregunta de onte é Peso arxentino. Co símbolo: $; ISO 4217: ARS, é a moeda de curso legal, da República Arxentina desde o ano 1992, cando substituíu ao austral. Tamén foi coñecido como peso convertible debido á súa paridade co dólar ata a modificación da lei de convertibilidade en 2002. Comezou a circular o 1 de xaneiro de 1992 baixo a mencionada lei de 1991.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Cal é o punto máis elevado da Arxentina?
- Monte Pissis
- Cerro Mercedario
- Aconcagua
- Cerro dos Ollos do Salgado
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: ser-viajera.com e es.wikipedia.org
0 comentarios