CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XIX
Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.
A contestación correcta á pregunta de onte é 1-Estremadura, 2-Canarias, 3-Valencia, 4-Galicia e 5-Madrid. A saber...
E imos coa pregunta de hoxe!
19. Onde se atopan estas illas?
1-Sálvora
2-Chafaninas
3-Pitiusas
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: propia e es.wikipedia.org Imaxes: ecologiaverde.elperiodico.com e es.wikipedia.org
0 comentarios