Remato hoxe coa serie adicada as sete especies ameazadas "próximas a extinción", que no pasado xullo foron declaradas pola Conferencia Sectorial de Medio Ambiente.

Hoxe tócalle á sétima e última: a nacra común!

7. Nacra común (Pinna nobilis)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nacra do Mediterráneo / Imaxe: Maite Vázquez/COB/IEO

A  nacra común é un molusco bivalvo da familia Pinnidaeunha, especie  endémica do mar Mediterráneo (zonas de Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana,  Baleares e Cataluña). Común nas praderías de Posidonia cando as respectan, sofre extraordinariamente os efectos do home no litoral, especialmente o  garreo accidental de embarcacións, a colmatación por achegas sedimentarios e moi especialmente o coleccionismo para adornos en restauración, casas particulares ou  suvenires, cebándose a febre  recolectora ademais nos exemplares de maior tamaño. Verdadeiramente é un bivalvo espectacular, que pode superar o metro de lonxitude e os 30 cm de anchura nas valvas. Posúe un  penacho  piloso denominado  biso co cal se poden confeccionar tecidos similares á seda ("seda de mar"). Pode vivir máis de 20 anos.

FONTE: FONTE: Ana Mª Nimo/futurosostenible.elmundo.es/ insudtriaspequeras,com/wikipedia