AS 7 ESPECIES MÁIS AMEAZADAS DE ESPAÑA, PRÓXIMAS Á EXTINCIÓN VII (FIN)
Remato hoxe coa serie adicada as sete especies ameazadas "próximas a extinción", que no pasado xullo foron declaradas pola Conferencia Sectorial de Medio Ambiente.
Hoxe tócalle á sétima e última: a nacra común!
7. Nacra común (Pinna nobilis)
Nacra do Mediterráneo / Imaxe: Maite Vázquez/COB/IEO
A nacra común é un molusco bivalvo da familia Pinnidaeunha, especie endémica do mar Mediterráneo (zonas de Andalucía, Murcia, Comunidade Valenciana, Baleares e Cataluña). Común nas praderías de Posidonia cando as respectan, sofre extraordinariamente os efectos do home no litoral, especialmente o garreo accidental de embarcacións, a colmatación por achegas sedimentarios e moi especialmente o coleccionismo para adornos en restauración, casas particulares ou suvenires, cebándose a febre recolectora ademais nos exemplares de maior tamaño. Verdadeiramente é un bivalvo espectacular, que pode superar o metro de lonxitude e os 30 cm de anchura nas valvas. Posúe un penacho piloso denominado biso co cal se poden confeccionar tecidos similares á seda ("seda de mar"). Pode vivir máis de 20 anos.
FONTE: FONTE: Ana Mª Nimo/futurosostenible.elmundo.es/ insudtriaspequeras,com/wikipedia
0 comentarios