Blogia
vgomez

O EMPREGO DE BOMBAS NUCLEARES FARÍA DESAPERECER A CAPA DE OZONO

O EMPREGO DE BOMBAS NUCLEARES FARÍA DESAPERECER A CAPA DE OZONO

A revista 'Proceedings of the National Academy of Sciencies' acaba de publicar unha investigación realizada por Brian Toom e Michael Mills, da Universidade de Boulder, capital do Estado de Colorado, onde se conclúe que un conflicto rexional nuclear arrasaría a capa de ozono de todo o planeta.

Os investigadores simularon informáticamente a explosión dun cento de bombas nucleares de 15 kilotóns cada unha (similares as que se lanzaron en Hirosima) que é o arsenal nuclear que almacenan dous paises do sur de Aásia como India e Pakistán. Esta simulación deu como resultado que as explosións e posteriores incendios urbanos provocarían columnas xigantescas de fumo e ferruxe nunha cantidade de ata cinco millóns de toneladas métricas, de ata 70 km de altura, xa no límite da estratosfera. Diminutas partículas en suspensión, absorberían unha gran parte da radiación solar, que provocaría o quentamento dos gases atmosféricos. Nesas circunstancias, produciríanse reaccións químicas, entre elas a catálisis (proceso mediante o cal se incrementa a velocidade dunha reacción química) que logra romper as moléculas de ozono (O3), destruíndo esa fina capa que nos protexe da radiacións solar, o que tería enormes consecuencias saude humana e os ecosistemas terrestres, acuáticos e mariños.

0 comentarios