ENERXÍA UNDIMOTRIZ
A enerxía undimotriz, ás veces chamada enerxía ondamotriz, é o transporte da enerxía producida polo movemento das ondas e a súa captación para aplicala en facer un traballo útil; por exemplo, para a xeración de electricidade, a desalinización, ou o bombeo de auga (en depósitos). É unha fonte de enerxía renovable menos coñecida e estendida cá maremotriz, pero cada vez se aplica máis.
A Xunta de Galicia planea a creación dun gran parque undimotriz, nas proximidades da ría de Ferrol. A súa potencia podería suministrar a corrente suficiente para unha cidade case do tamaño de Ferrol durante todo un ano. De momento, xa hai unha boia experimental activada na ría de Ares. Este prototipo, xera actualmente enerxía suficiente para abastecer a 300 familias cada ano.
Na infografía superior podedes coñecer todo o relativo a este tipo de enerxía e os diferentes prototipos de aplicación.
0 comentarios