IDEAS BÁSICAS SOBRE MEDIO AMBIENTE I: ECONOMÍA CIRCULAR

Os "3 R’s" / Imaxe: emaus.com
A economía circular imita á natureza, onde todo se aproveita nun ciclo. O lixo, os residuos, non son algo inútil do que hai que desprenderse, senón un produto que se aproveita. A idea pretende superar o actual sistema de produción, baseado no "usar e tirar", que xa non dá máis de si. O lixo, a contaminación, o esgotamento dos recursos naturais redúcese e o medio agradéceo. A UE quere converterse nos próximos anos nunha economía circular que xere ademais miles de "empregos verdes". Cada vez máis plans, directivas ou propostas asúmena como obxectivo e os países membros, como España, deberán moverse nesa dirección.
FONTE: Revista Consumer
0 comentarios