ESTES SON OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN 2026 (XX)
No planeta existen máis de 7,7 millóns de especies de animais e máis do 20% está en perigo de extinción. Algúns dos animais máis estraños do noso planeta camiñan na corda frouxa da extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando en fotografías algúns deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes.
Seguimos coa lista. Onte falamos do Lince ibérico. Hoxe tócalle o turno ao...
20. Leopardo das neves
Estado: vulnerable.
Os leopardos das neves (Panthera uncia), ocultos entre as áridas montañas de Asia Central, son coñecidos desde hai tempo como un dos felinos máis esquivos do mundo. En 2016, unha investigación con tecnoloxía de rastrexo por GPS mostrou que un leopardo das neves necesita ata 207 quilómetros cadrados de territorio para sobrevivir, o que fai que case o 40% das áreas protexidas do seu hábitat resulten demasiado pequenas para manter incluso unha parella reprodutiva.
O quecemento global, que afectou ao Himalaya unhas tres veces máis intensamente que a outros lugares do mundo, está a desprazar os bosques cara ás ladeiras e reducindo os hábitats do leopardo das neves. Tamén, os agricultores están a alimentar ao gando e plantando cultivos cada vez a maior altura, o que aumenta as posibilidades de conflito entre os leopardos das neves e os humanos. O Acordo de París 2015 foi un paso adiante para a conservación destes felinos lendarios, pero ata que as súas terras e o seu modo de vida estean protexidos, é probable que sigan en declive.
Continuará…
FONTE: Héctor Rodríguez/nationalgeographic.com.es
0 comentarios