A FLOR DO ENTROIDO: A MIMOSA
Mimosa (Acacia dealbata) / Imaxe: jardineriacanna.com
Se o Entroido tivera unha flor, esta sería a da mimosa, pois nesas datas está, normalmente, florecida.
A mimosa (Acacia dealbata), tamén coñecida como acacia ou alcacia, está considerada como especie invasora en Galicia, que aínda que probablemente se introduciu moito antes, as primeiras citas da especie naturalizada no noso país son de 1945.
É unha árbore perennifolia orixinaria do sueste de Australia, concretamente de Nova Gales do Sur e de Vitoria. Caracterízase por medrar ata unha altura de 10-12 metros, con cortiza lisa ou algo gretada de cor grisácea. A súa follaxe é perenne e está formado por follas bipinnadas cuns 20-26 pares de pinnas cunha glándula no eixe de cada par. As pinnas teñen numerosos folíolos pequenos, lineares, de 5 mm. Inflorescencia en glomérulos globosos (similar aos pompóns) que, pola súa vez, se dispoñen en acios. As flores son de cor amarela intensa, olorosas. O froito é unha vaina de cor verde-azulado en cuxo interior se atopan de 4 a 5 sementes redondeadas.
FONTE: cmaot.xunta.gal
0 comentarios