DETECTOR DE BULOS AMBIENTAIS (VIII)
Continúo coa serie adicada aos bulos e noticias falsas sobre cambio climático e medio ambiente, que onte comezamos, e que baixo o título Detector de bulos ambientais, o xornal El País rastrexa esta desinformación para desmentir e aclarar algunhas das mentiras máis reproducidas e que rexorden en moitas ocasións.
8. Non, a cidade dos 15 minutos non implica encerrar á xente no seu barrio
Esquina entre Borrell e Consell de Cent, en Barcelona / CONCELLO DE BARCELONA
A cidade dos 15 minutos é un modelo que pretende reorganizar as urbes para tentar que cada persoa teña preto todo o que necesita no seu día a día (servizos públicos, colexios, tendas, parques…) e máis facilidades para camiñar e moverse en bicicleta. Unha idea, en principio amable, que xerou miles de bulos, esporeados por contas de ultradereita.
A mecha prendeu con críticas aos cortes de tráfico en rúas de varias urbes anglosanas (pois para facilitar a mobilidade sostible hai que quitar espazo ao coche), e foron subindo de nivel: primeiro, que a cidade dos 15 minutos supón pechar rúas ao tráfico e isto quita liberdade de movemento (o cal é falso, pois hai moitas formas de moverse nas urbes). Despois, que é un plan para encerrar á poboación no seu barrio; máis adiante, que consiste en prohibir os coches, fraccionar as cidades en guetos identitarios e controlar as emisións de carbono de cada cidadán mentres os poderosos seguen viaxando en jets privados. Por último, que é un plan para encerrar á poboación no seu barrio, cousa que non só non é certa, senón que dá a volta á realidade: de feito, hai moitos novos barrios onde non hai servizos nin tendas e fíase todo ao coche, quitando a liberdade a quen non conduce.
Carlos Moreno, o profesor creador do concepto, respóndelles: “É un delirio dicir que imos encerrar aos cidadáns no seu barrio. A cidade dos 15 minutos é o contrario, que poidas moverche libremente polo teu barrio a pé ou en bicicleta, e logo por toda a cidade en bicicleta ou transporte público, que é o medio para conectar os barrios”.
Continuará...
FONTE: Miguel Ángel Medina/elpais.com/medio ambiente
0 comentarios