A ORIXE DAS PALABRAS: Se a envexa fose tiña, cantos tiñosos habería!
Este antigo refrán Se a envexa fose tiña, cantos tiñosos habería! foi amplamente utilizado ao longo de varios séculos para indicarnos que o sentimento de envexa nos seres humanos (desexo de algo que outra persoa posúe) está moi estendido entre a sociedade e, en caso de ser un trastorno, o planeta estaría repleto de enfermos por esa doenza.
E como exemplo no refrán menciónase a tiña, a cal é realmente a doenza da pel producida por certos fungos, que provoca, entre outras alteracións na cute, a caída do cabelo das persoas, ou do pelo dos animais, aparecendo unhas erupcións cutáneas que chegan a ser altamente molestas (polo proído e escozor que produce) e que ao rascarse provoca que queden ulceracións e costras. Tamén considérase como altamente contaxiosa a través do contacto directo, xa sexa entre persoas, animais de compañía (que tamén poden padecela) ou obxectos que estivesen en contacto con alguén infectado (toallas, sabanas, roupa, peites, brochas de maquillaxe…).
Ao tratarse a tiña dunha enfermidade que era moi común que fose padecida polas clases máis baixas e ante o prexuízo e convicción que existía, de que estes eran por natureza envexosos do que posuían os demais, xurdiu a analoxía entre a enfermidade infecciosa (tiña) e o sentimento de desexar o do próximo (envexa).
Cabe sinalar que o termo tiña tamén existe como sinónimo de roña ou sucidade (suponse que provén de quen parecía a enfermidade, pois ían sucios e desaliñados) e mesmo se utiliza como un equivalente a tinguidura ou a algo que está tinguido, polo que son bastantes as persoas que empregan o mencionado ‘tiñosos’ do refrán non para referirse á infección senón ao feito de ter a pel tinguida.
FONTE: Aldred López/20minutos.es/cultura Imaxe: principiodeuncomienzo.wordpress.com
0 comentarios